Galerias

GALERÍA | Carreira popular Feira do Viño 2018.

Este venres 30 de marzo uns 300 corredores déronse cita en Quiroga na carreira popular que, como cada ano, ten lugar o día previo a Feira do Viño. Aquí algunhas fotos tomadas durante a carreira.

This slideshow requires JavaScript.

Ademais podes ver o vídeo cos mellores momentos da carreira facendo click aquí.

Advertisements

Uns corenta quirogueses e quiroguesas desafían a climatoloxía na primeira etapa do camiño. (GALERÍA)

Coa neve como telón de fondo, uns corenta quirogueses e quiroguesas tomaron esta mañá a saída da primeira etapa do camiño de Santiago, que unía o Cebreiro con Triacastela nun traxecto de arredor de 20 km. A actividade xuntou a socios da Asociación Cultural San Bartolomé de Hospital e da Asociación Socio Cultural da Comarca de Quiroga, ademais de público xeral.

Os participantes comezaron a marcha no Cebreiro, alí recolleron a credencial e seguiron por estrada xa que a neve lles impedía seguir o percorrido do camiño. Uns kilómetros despois de sair de Fonfría, o lugar escollido por moitos para o xantar, os participantes tomaron de novo o percorrido do camiño a medida que a neve iba perdendo presenza e comezaron un longo descenso cara a Triacastela, onde selaron por última vez e colleron de novo o bus para emprender o camiño de volta.

IMG-20180318-WA0080.jpg

Esta etapa fora aprazada o pasado domingo por mor do paso do temporal Félix polo país.
O vindeiro domingo 8 de abril agárdalles unha etapa doutros 20 km entre as localidades de Triacastela e Sarria.

This slideshow requires JavaScript.

Galería | Día da Bicicleta en Quiroga

O pasado sábado 11 de novembro, e coincidindo coa celebración do San Martiño, o Concello de Quiroga organizou a primeira edición do Día da Bicicleta.

A marcha, que tiña un percorrido próximo aos 9 km, reuniu na Praza Maior de Quiroga a máis de 75 ciclistas de todas as idades. O traxecto era apto para todos os públicos e percorría o paseo fluvial ata a Ribeira, onde se collía de novo para Quiroga.

Ao término, e xa de volta na Praza Maior, a organización sorteou material de ciclismo así como unha bicicleta Megamo. Foi unha xornada de grande ambiente ciclista en Quiroga na que tamén a meteoroloxía botou unha man pois estaba unha mañá perfecta para a practica do deporte.

Aquí algunhas imaxes da xornada cedidas por Marisol Tomé:

This slideshow requires JavaScript.