Unhas 80 motos participan hoxe no KDD Desafío Trail O Courel

Diario de Quiroga

Ás 8h desta mañá de sábado 24 de novembro, unhas 80 motos trail de todo tipo participantes no KDD Desafío Trail O Courel saíron dende a Rúa Ánxel Fole de Quiroga.

O percorrido deste desafío é duns 200 km e transcorre por impresionantes paraxes da Serra do Courel, ademais de pasar polos tres concellos da comarca. Segundo a organización, como mínimo o 80% desta ruta será lonxe de estradas.

IMG-20181124-WA0008.jpg

Na saída os participantes organizáronse en grupos de dúas ou tres motos, con GPS.

IMG-20181124-WA0009.jpg

Fotos: Raúl Carballedo

📸 GALERÍA: KDD DESAFÍO TRAIL O COUREL

View original post

Advertisements

100 ciclistas de todas as idades participaron no II Día da Bicicleta en Quiroga

Diario de Quiroga

A organización superou as súas expectativas. Esta mediodía déronse cita uns cen ciclistas, de todas as idades, dispostos e dispostas a desfrutar dun agradable paseo en bicicleta nunha mañá de outono na que o tempo tamén acompañou.

O percorrido tivo como punto de partida a Praza de España de Quiroga. Dende aí os participantes dirixíronse cara a ponte nova sobre o Sil e seguidamente á Praia Fluvial. O pelotón colleu logo a ponte vella e volveu a Quiroga polo paseo fluvial.

20181118_171809

De volta na Praza tivo lugar o sorteo dunha chea de artigos de ciclismo (bidóns, cascos, contaquilómetros, luces, luvas, bombíns…) e de dúas bicicletas (unha para as nenas e nenos e outra para os adultos). As afortunadas foron Julia e Aurelia.

View original post

Quiroga sobre rodas no II Día da Bicicleta

Diario de Quiroga

Este domingo día 18 de novembro ás 12 do mediodía a Área de Deportes do Concello de Quiroga organizará a segunda edición do Día da Bicicleta. As inscricións, que serán gratuitas, realizaranse media hora antes do comezo.

O percorrido será de 9 km con reagrupamentos e dúas paradas, terá unha dificultade baixa e será apto para todos os públicos. Os participantes tomarán a saída na Praza de España de Quiroga. Dende alí, o pelotón dirixirase a Ribas de Sil, logo chegarase a San Pedro e á Praia Fluvial para coller a ponte nova en San Clodio en dirección ao Paseo Fluvial de Quiroga. A chegada tamén estará instalada na Praza de España.

Ao remate da proba terán lugar varios sorteos, entre eles o de dúas bicicletas e diversos accesorios de ciclismo.

Nun primeiro momento, o II Día da Bicicleta estaba programado para o domingo 11, dentro do programa…

View original post 32 palabras máis

O adestrador courelao, Manolo González, na Copa do Rei

A comarca de Quiroga pode presumir de contar cun dos mellores adestradores de Segunda B do fútbol español. Manuel González, natural de Folgoso do Courel, afronta hoxe martes 30 un dos seus retos deportivos máis importantes da súa carreira. Enfrontarase co seu equipo, o aragonés C.D. Ebro contra un primeira división como é o Valencia.

Manolo-González-copia

Aos seus 39 anos terá a ocasión de dar a campanada ante un rival de entidade. Ilusión e ganas non lle faltarán. “Vamos intentar facer un bo partido e resistir ante o Valencia. A diferenza de nivel vaise notar, pero non renunciamos a nada”, declaraba a este medio esta mesma mañá.

Curtido durante máis de 20 anos no fútbol catalán, sobre todo, en Badalona a que considera a súa segunda casa. Unha lesión aos 21 obrigouno a reitrarse da práctica do fútbol. A partires de ahí desenvolveu a súa faceta como adestrador ata chegar á división de bronce do fútbol español. Chegou este verán ao equipo arlequinado e aínda que ata o de agora as cousas na liga non marchan de todo ven (están na zona baixa), espera que a copa sea o punto de partida na mellora da marcha do equipo esta ano. “Estános custando facer gol a pesar de contar con moitas oportunidades”, apuntaba González.

44182373_1181594711992184_5665941416891645952_o

Hoxe tamén foi protagonista dunha páxina no diario Marca. Nela descubrimos a súa otra faceta, a de chófer de autobuses.  Tamén destacou a magnitude do escenario no cal se van a enfrontar. O partido xogarase no campo de La Romareda, en Zaragoza, o que según o propio preparador do Ebro, “vennos ben para o noso estilo de xogo, pero o rival é moi bo”.

15408379961091

O partido será televisado a partires das 19:30 horas pola canle de pago, Bein LaLiga.

Fotografías: C.D. Ebro

Infografía: Diario Marca

 

Triunfo importante para o Quiroga na Carqueixa

Importantes tres puntos os sumados polo equipo sénior do Quiroga na súa visita ao complicado campo de A Carqueixa, en Sober. Os quirogueses lograron a vitoria por 0-2 con goles de Dani Gemelo e Jato. Isto permite que continúen na zona alta da táboa clasificatoria.

_DSC4722

Pero non foi un partido doado, o Río Sil puxo as cousas difíciles. Iso si, o inicio de partido deixou claro que os de Andrés Novoa querían controlar o partido. Tras uns primeiros minutos intentos de ambos os dous equipos, o Quiroga buscou adiantarse no marcador. Ao borde do ecuador da primeira metade, Marcos estrelaba unha falta no longueiro, moi lamentada pola parroquia quiroguesa que se desprazou ata Sober. Sen tempo a reaccionar, Dani Gemelo poñía un potente disparo que tamén se atopou co poste. Nestas o Río Sil probouno a través de córners e disparos lonxanos, pero só crearon medo.

_DSC4730

Na segunda parte e co marcador inicial foi o Quiroga o que puxo unha marcha máis. Froito do empuxe chegaría o primeiro gol de Dani Gemelo, tras un lazamento de falta desde 35 metros. Mellor se lle puxo o partido os do San Martiño cando un minuto despois, o xuvenil Jato poñía o segundo no marcador. Cando mellor estaba o conxunto vestido de negro nesta ocasión quedábase cun home menos. Jose Gemelo era expulsado cando restaban aínda 15 minutos. Pero a pesar de que os locais o intentaron, a férrea defensa quiroguesa deixou o resultado en 0 a 2.

Fotos: Raúl Carballedo/Quiroga Xoga

Os xuvenís gañan en Taboada e póñense líderes

Impoñíase o Quiroga cun 2-7 en Taboada. Os de verde fixeron un gran partido ofensivo e defensivo.

IMG-20181008-WA0015.jpg

Foto: Rachu Carballedo

Nos primeiros minutos tras un disparo de Juan metía en propia o conxunto local para poñer por diante aos de Ruboi.

No 20 sorprendía Adrián dende fora da área cun disparo axustado ao pau poñendo 0-2, pouco despois poñía un centro coa esquerda para Juan que firmaba o 0-3 na Medela. Adri repetiría no 34 disparando coa esquerda dende fora da area un balon baixo poñendo o 0-4, só 3 minutos despois o Taboada marcaba o 1-4 nun córner por parte de Antón Almuiña.

Na segunda metade o Quiroga continou o seu recital con outros 2 goles de Juan, que remataba o partido con 4 na súa conta persoal, e un gol de Jato.

No 87 o Taboada marcaba un gol olímpico que deixaba un marcador de 2-7 e poñía o Quiroga líder con 9 puntos

O Quiroga segue co seu bo inicio de liga

O equipo afeccionado do Quiroga F.C. sumou unha nova vitoria. 3 de 3 para os pupilos de Andrés Novoa que golearon a domicilio, cun 2 a 7 sobre o Relámpago Taboada. Os locais pouco puideron facer ante o vendaval verde.

_DSC4338

Comezaría o partido de cara aos quirogueses. No minuto 1 de partido, Dani Gemelo recollía un balón ao espazo do seu irmán Jose para batir a meta do Relámpago. Sen tempo para reaccionar, pouco despois chegaba o 0 a 2 obra de Dani de novo. O Quiroga fíxose co control do partido, cunha defensa seria e un ataque que creaba ocasións perigosas en cada xogada. Froito deso, chegou o terceiro gol para os do San Martiño. Jose Gemelo, que xa mandara un balón ao pau, inauguraba a súa conta particular e poñendo o terceiro. Antes xusto do descanso, unha pérdida de balón de Gachan derivaba en que o central tivera que provocar un penalti. Adrián recurtaba distancias para os taboadenses.

_DSC4357

Despois do paso polos vestiarios, un penalti do Relámpago metíao o propio Gachan dentro das mallas, correxindo o seu erro anterior. Desde ese momento co 1 a 4 o partido foi un dominio claro do Quiroga. Pedriño, que debutaba este ano tras unha longa lesión facía varios recortes ante a defensa negriazul, para poñerlle un perfecto pase ao oco a Polín, que non fallou o man a man. O xuvenil Jato, pouco despois puxo o 1 a 6, no cal resultou expulsado o porteiro local tras unha protesta aireada ao colexiado. Nuns últimos minutos loucos, na seguinte xogada os de Diego Moure puxeron o segundo na súa conta particular, pero co partido xa resolto. Un penalti sobre Jato, que transformou Jose Gemelo cerrou a goleada, 2 a 7.

_DSC4385

Este resultado, unido ao empate do Paradela en Rubián, coloca aos Quirogueses como líderes en solitario. O próximo domingo volven a casa para enfrontarse ao Castroverde, nun partido complicado.

Fotos: Raúl Carballedo