Voleibol

Carolina xa está en Holanda para disputar un torneo internacional coa Selección Española

Diario de Quiroga

É sen dúbida a deportista quiroguesa do momento. Carolina Camino acaba de chegar a Holanda onde xogará coa Selección Española o Torneo Internacional WEVZA.

Carolina e as súas compañeiras da Selección Española sub-17 de voleibol levan concentradas nas instalacións da Federación en Soria dende o domingo 5 de agosto para preparar este importante torneo que se celebrará entre o mércores 15 e o sábado 18 de agosto

As seleccións que participan no WEVZA son Holanda, Bélxica e Suiza, encadradas no grupo A, e as de Francia e Portugal, que conxuntamente co equipo español formarán o grupo B. Mañá mércores día 15 España debutará ante o combinado portugués, o xoves xogará ante a selección francesa e finalmente o venres 17 medirase ante Bélxica. O sábado 18 de agosto disputaranse as finais da competición, segundo a clasifiación do grupo.

Hai que lembrar que Carolina Camino incorpórase este ano á concentración permanente en Soria, un programa de tecnificación da Real…

View original post 6 palabras máis

Advertisements

Ata catro citas deportivas no marco das Festas de Verán de Quiroga

Diario de Quiroga

Entre o mércores 8 e o domingo 12 de agosto celébranse en Quiroga as Festas de Verán. Ademais da música, gastronomía, espectáculos e animación de rúa tampouco faltará o apartado deportivo. Haberá ata catro citas deportivas.

TORNEO FESTAS DE VERÁN. Volve o tradicional torneo de fútbol sala das Festas de Verán de Quiroga, xogarase dende o luns 6 ao xoves 9 de agosto. As inscricións pódense realizar ata o sábado 4 de agosto e teñen un custo de 20 euros, haberá premios para os catro primeiros clasificados e cea no bar Chapakuña 3 para o campión. Teléfono: 620 75 22 01.

STREET SOCCER. O venres 10 de agosto celebrarase unha nova edición do Torneo Street Soccer 4×4. As inscricións realizaranse dende as 19:00h do venres día 10 no Parque da Constitución. Este torneo contará con tres categorías: benxamín (sub 10), infantíl (sub 14) e senior (maiores de 15 anos).

TORNEO…

View original post 116 palabras máis

Carolina Camino convocada coa Selección Española para un torneo en Holanda

Diario de Quiroga

A xogadora quiroguesa de voleibol do C.V. Ribeira Sacra foi convocada pola Selección Española de voleibol para unha concentración en Soria, previa a unha viaxe a Holanda para participar nun torneo internacional.

A concentración na cidade castelán-leonesa de Soria será entre os días 5 e 14 de agosto na Residencia Universitaria Duques e posteriormente viaxarán a Holanda, á localidade de Vilvoorde, ao norte de Bruxelas. Alí participarán no Torneo Internacional WEVZA, no que compiten os combinados nacionais de España, Bélxica, Holanda, Alemaña, Portugal, Francia, Italia e Suiza.

Carolina xa foi convocada en varias ocasións co combinado galego, a última foi o pasado mes de xuño, cando participou en Lorca (Murcia) no Campionato de España de volei praia. Ademais co seu club, o C.V. Ribeira Sacra, participou no Campionato de España cadete de voleibol que se celebrou entre o 13 e o 17 de xuño na cidade de Castellón, e no que o…

View original post 8 palabras máis

Fútbol e voleibol nos campus de verán do Concello de Quiroga

Diario de Quiroga

A Área de Deportes do Concello de Quiroga organiza para este verán dous campus. Ao de fútbol, súmaselle este ano o de voleibol.

Do luns 9 ao venres 13 de xullo terá lugar o XII Campus de Fútbol Concello de Quiroga. Unha actividade xa consolidada no calendario de actividades de verán dos mozos e mozas de Quiroga. O campus comezará todas as mañás ás 10:00h no Campo de Fútbol San Martiño para pasar ás Piscinas Municipais de Quiroga, onde se rematará cada día en torno ás 13:30h. O prezo é de 20€ para xogadores e xogadoras das EDM Quiroga e de 30€ para o resto e inclúe equipación.

A novidade deste verán é o Campus de Verán de Voleibol Concello de Quiroga, que se celebrará durante 5 días, entre o luns 16 e o venres 20 de xullo. Neste caso, a primeira parte comezará todas as mañás ás 10:00h no…

View original post 91 palabras máis

O Deporte Quirogués celebra a súa festa anual este venres

Diario de Quiroga

Este venres tera lugar a sétima Gala do Deporte Quirogués.

O programa deste ano varía con respecto a pasadas edición xa que desta volta os actos estarán divididos en varios días.

O martes 19 de xullo e co obxectivo de achegar o voleibol ás nenas e nenos da Comarca de Quiroga, o CV Ribeira Sacra organizará unha xornada de portas abertas no Pavillón Municipal de Quiroga. A actividade está a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 15 e prolongarase durante dúas horas, entre as 19:00h e as 21:00h.

O xoves 21 de xullo será a clausura das EDM Quiroga de fútbol sala. Dende as 18:00 haberá partidos no pavillón municipal e ás 20:00h terá lugar o popular partido de pais e nais contra fillos.

O venres 22 de xuño celebrarase a Gala do Deporte Quirogués no Auditorio Municipal. E ás 21:15 terá lugar a Cea do Deporte…

View original post 25 palabras máis

Carolina e Sofía participarán no Campionato de España de voleibol

As xogadoras quiroguesas Sofía Pérez e Carolina Camino estarán presentes no Campionato de España cadete de voleibol que se celebrará entre o 13 e o 17 de xuño na cidade de Castellón segundo lles confirmou a Federación Galega de Voleibol (FGVB).

As dúas xogadoras quiroguesas defenderán as cores do CV Ribeira Sacra, equipo que acadara o segundo posto no campionato galego que se disputou en Monforte o pasado 29 de abril. Estarán acompañados doutro conxunto galego: o CV Calasancias da Coruña.

FB_IMG_1526128862200

Foto: Dixitalfoto CHERY

A participación neste campionato nacional supón a culminación a unha boa tempada por parte do equipo monfortino, que está formado por Carolina Camino, Sofía Pérez, María López, Claudia Gómez, Raquel Rodríguez, Nerea González, Zaira Castro, Silvia Díaz, Estela Subiela, María Rodríguez, Lucía Rodríguez e Eva Falcón e adestrado por Verónica Contreras.

Monforte acolle este domingo o campionato galego cadete de voleibol

Este martes tivo lugar no salón de actos do Pavillón da Pinguela en Monforte a presentación do Campionato Galego Cadete Feminino que se celebrará na cidade do Cabe o vindeiro domingo 29 de abril.

Os partidos comezarán as 10h coa primeira semifinal (CV Calasancias – CV Cambados) e as 12h terá lugar a segunda semifinal (CV Ribeira Sacra – CV Oleiros). Xa de tarde, ás 17h terá lugar o partido polo terceiro e cuarto posto e ás 19h celebrarase a gran final. Ao finalizar terá lugar a entrega de trofeos.

FB_IMG_1524673475368.jpg

As xogadoras cadetes do CV Ribeira Sacra / Foto Facebook CV Ribeira Sacra

No acto de presentación estiveron presentes o alcalde de Monforte José Tomé Roca; o secretario da Federación Galega de Voleibol, Ramón Baña; a presidenta do CV Ribeira Sacra, Mar Rodríguez e membros da directiva, así como as xogadoras cadetes do club monfortino, entre as que están as quiroguesas Carolina Camino e Sofía Pérez.