Taekwondo

Manuel González: «Nunca hai pelexa cando un non quere, se eu me relaxo é complicado que alguén en tensión poda facerme algo»

Diario de Quiroga

O programa A Todo Verán da Radio Municipal de Quiroga entrevistou este martes a Manuel González, profesor de Taekwondo e o encargado de impartir o campus de verán de defensa persoalque se vai levar a cabo na vila de Quiroga durante este mes de xullo.

Manuel González contou que a defensa persoal é «unha forma de defenderse case sen facer nada», só coa relaxación, e na que hai que traballar un pouco os reforzos e a velocidade. «Nunca hai pelexa cando un non quere, se eu me relaxo é complicado que alguén en tensión poda facerme algo», comentou.

Esta é unha actividade dirixida a todo tipo de públicos, «non fai falta ter un físico espectacular nin moi forte». González, que animou a todo o mundo a asistir, recomendao porque «é moi interesante e debía estar xa nas escolas, e ser unha asignatura o estudo do corpo e a defensa persoal».

Este…

View original post 106 palabras máis

Advertisements

Quiroga conta este mes de xullo cun campus de defensa persoal

Diario de Quiroga

A Área de Deportes do Concello de Quiroga en colaboración co Club Kumgang Quiroga de defensa persoal e Taekwondo organizan un campus de verán de defensa persoal para este mes de xullo. Unha modalidade de defensa na que non é necesaria a forza.

Este curso está dirixido a todo tipo de públicos, de todas as idades -nenos e nenas incluídos- e é máis recomendable para colectivos sensibles, como persoas con baixa autoestima ou vítimas de acoso.

Estará impartido na súa totalidade por Manuel González Rodríguez (III Dan Taekwondo) que contará coa colaboración de Jan González (licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e bo coñecedor de distintas artes marciais).

Este campus levarase a cabo en varios escenarios: a Casa de Cultura de Quiroga, o paseo do río, ou os xardíns do Parque da Constitución, e será todos os luns, mércores e venres do mes de xullo, en horario de…

View original post 55 palabras máis

O Club Kumgang de Quiroga triunfa na Copa Xunta de Taekwondo

Este sábado -18 de novembro- máis de 700 deportistas déronse cita na Copa Xunta de técnica de taekwondo que tivo lugar no concello coruñés de Teo. Neste torneo participaban aqueles deportistas que acadaran a clasificación nas fases provinciais que se celebraron os días 5 e 6 de novembro.

Entre os 700 participantes non faltou representación quiroguesa, a do Club Kumgang e os seus membros Zhong Bo Chen, Emilia Sandra González, Icía Marcos, David García, Sabela Durán e Jan González.

Ademais os deportistas quirogueses non volveron coas mans baleiras pois David García e Sabela Durán lograron a medalla de ouro e Jan González e Emilia Sandra González a de bronce nas súas respectivas categorías.

This slideshow requires JavaScript.

O taekwondo, protagonista da fin de semana en Quiroga.

Este domingo máis de 200 deportistas chegados dende diferentes puntos da provincia de Lugo encheron o pavillón municipal de Quiroga durante a celebración da Copa Deputación de Taekwondo.

O evento, organizado polo Club Kumgang de Quiroga, contou coa participación de varios rapaces e rapazas de Quiroga que forman parte deste club: Alén Durán, Zhong Bo Chen, Michael Junior, Eis Durán, Emilia Sandra González, Icía Marcos, David García, Sabela Durán e Jan González.

This slideshow requires JavaScript.

Quiroga: capital provincial do taekwondo por un día.

O pavillón municipal de Quiroga será escenario este domingo día 5 da fase provincial da Copa Deputación de taekwondo. Esta proba será clasificatoria para a Copa Xunta, un certame que terá lugar o próximo día 18 no municipio coruñés de Teo.

A proba arrincará cedo, xa que está previsto que comece en torno ás 9.30 horas e que finalice en torno ás 14:30 horas e desenvolverase en dous tatamis. Está previsto que este evento reúna na vila de Quiroga a uns 300 deportistas chegados dende distintos puntos da provincia.

A proba está organizada polo Club Kumgang de Quiroga, que vai estar represantado por 12 participantes: Alén Durán, Zhong Bo Chen, Lorena Dos Santos, Michael Junior, Eis Durán, Candida Rosa Bouza, Zaira Arza, Emilia Sandra González, Icía Marcos, David García, Sabela Durán e Jan González.

La imagen puede contener: una persona, texto