Máis

100 ciclistas de todas as idades participaron no II Día da Bicicleta en Quiroga

Diario de Quiroga

A organización superou as súas expectativas. Esta mediodía déronse cita uns cen ciclistas, de todas as idades, dispostos e dispostas a desfrutar dun agradable paseo en bicicleta nunha mañá de outono na que o tempo tamén acompañou.

O percorrido tivo como punto de partida a Praza de España de Quiroga. Dende aí os participantes dirixíronse cara a ponte nova sobre o Sil e seguidamente á Praia Fluvial. O pelotón colleu logo a ponte vella e volveu a Quiroga polo paseo fluvial.

20181118_171809

De volta na Praza tivo lugar o sorteo dunha chea de artigos de ciclismo (bidóns, cascos, contaquilómetros, luces, luvas, bombíns…) e de dúas bicicletas (unha para as nenas e nenos e outra para os adultos). As afortunadas foron Julia e Aurelia.

View original post

Advertisements

Quiroga sobre rodas no II Día da Bicicleta

Diario de Quiroga

Este domingo día 18 de novembro ás 12 do mediodía a Área de Deportes do Concello de Quiroga organizará a segunda edición do Día da Bicicleta. As inscricións, que serán gratuitas, realizaranse media hora antes do comezo.

O percorrido será de 9 km con reagrupamentos e dúas paradas, terá unha dificultade baixa e será apto para todos os públicos. Os participantes tomarán a saída na Praza de España de Quiroga. Dende alí, o pelotón dirixirase a Ribas de Sil, logo chegarase a San Pedro e á Praia Fluvial para coller a ponte nova en San Clodio en dirección ao Paseo Fluvial de Quiroga. A chegada tamén estará instalada na Praza de España.

Ao remate da proba terán lugar varios sorteos, entre eles o de dúas bicicletas e diversos accesorios de ciclismo.

Nun primeiro momento, o II Día da Bicicleta estaba programado para o domingo 11, dentro do programa…

View original post 32 palabras máis

O adestrador courelao, Manolo González, na Copa do Rei

A comarca de Quiroga pode presumir de contar cun dos mellores adestradores de Segunda B do fútbol español. Manuel González, natural de Folgoso do Courel, afronta hoxe martes 30 un dos seus retos deportivos máis importantes da súa carreira. Enfrontarase co seu equipo, o aragonés C.D. Ebro contra un primeira división como é o Valencia.

Manolo-González-copia

Aos seus 39 anos terá a ocasión de dar a campanada ante un rival de entidade. Ilusión e ganas non lle faltarán. “Vamos intentar facer un bo partido e resistir ante o Valencia. A diferenza de nivel vaise notar, pero non renunciamos a nada”, declaraba a este medio esta mesma mañá.

Curtido durante máis de 20 anos no fútbol catalán, sobre todo, en Badalona a que considera a súa segunda casa. Unha lesión aos 21 obrigouno a reitrarse da práctica do fútbol. A partires de ahí desenvolveu a súa faceta como adestrador ata chegar á división de bronce do fútbol español. Chegou este verán ao equipo arlequinado e aínda que ata o de agora as cousas na liga non marchan de todo ven (están na zona baixa), espera que a copa sea o punto de partida na mellora da marcha do equipo esta ano. “Estános custando facer gol a pesar de contar con moitas oportunidades”, apuntaba González.

44182373_1181594711992184_5665941416891645952_o

Hoxe tamén foi protagonista dunha páxina no diario Marca. Nela descubrimos a súa otra faceta, a de chófer de autobuses.  Tamén destacou a magnitude do escenario no cal se van a enfrontar. O partido xogarase no campo de La Romareda, en Zaragoza, o que según o propio preparador do Ebro, “vennos ben para o noso estilo de xogo, pero o rival é moi bo”.

15408379961091

O partido será televisado a partires das 19:30 horas pola canle de pago, Bein LaLiga.

Fotografías: C.D. Ebro

Infografía: Diario Marca

 

Claudia Fernández sorprende aos rapaces dos Campamentos de Verán de Quiroga cunha exhibición de ximnasia rítmica

Diario de Quiroga

Dende o pasado 3 de xullo estanse desenvolvendo as variadas actividades para os nenos e nenas que están a participar nos Campamentos de Verán de Quiroga, organizados dende a Área de Educación e Infancia do concello quirogúes.

Esta mañá os rapaces acudían ao pavillón municipal para presenciar unha exhibición de ximnasia rítmica a cargo da ximnasta Claudia Fernández, do Club Esquio de Ferrol. Claudia, con raíces familiares no concello veciño de Ribas de Sil, leva practicando ximnasia rítmica dende os tres anos, e aos seus catorce anos xa participou en numerosos campionatos de Galicia colleitando varios trofeos dentro da súa categoría junior. A próxima tempada pasará a competir en senior.

Os nenos e nenas dos Campamentos de Verán amosaronse abraiados cos exercicios que realizaba Claudia con arco e pelota, así como tamén varias acrobacias.

Texto e imaxe: RTMQ

View original post

Ata catro citas deportivas no marco das Festas de Verán de Quiroga

Diario de Quiroga

Entre o mércores 8 e o domingo 12 de agosto celébranse en Quiroga as Festas de Verán. Ademais da música, gastronomía, espectáculos e animación de rúa tampouco faltará o apartado deportivo. Haberá ata catro citas deportivas.

TORNEO FESTAS DE VERÁN. Volve o tradicional torneo de fútbol sala das Festas de Verán de Quiroga, xogarase dende o luns 6 ao xoves 9 de agosto. As inscricións pódense realizar ata o sábado 4 de agosto e teñen un custo de 20 euros, haberá premios para os catro primeiros clasificados e cea no bar Chapakuña 3 para o campión. Teléfono: 620 75 22 01.

STREET SOCCER. O venres 10 de agosto celebrarase unha nova edición do Torneo Street Soccer 4×4. As inscricións realizaranse dende as 19:00h do venres día 10 no Parque da Constitución. Este torneo contará con tres categorías: benxamín (sub 10), infantíl (sub 14) e senior (maiores de 15 anos).

TORNEO…

View original post 116 palabras máis

Alba Rodríguez, sobre o FSF Quiroga: “É unha alegría para nós poder xuntarnos unha vez ao ano”

Diario de Quiroga

Esta fin de semana celébrase en Quiroga a terceira edición do Torneo de fútbol sala feminino Val de Quiroga. O programa A Todo Verán da Radio Municipal de Quiroga falou con Alba Rodríguez, organizadora do evento, que afirmou estar moi contenta coas inscricións, “este años superamos o récord de inscritos”.

O Torneo Val de Quiroga supón tamén a volta do FSF Quiroga. Alba recoñece que “É unha alegría para nós, xa que non podemos competir durante todo o ano, pois polo menos xuntámonos unha vez ao ano” e “desfrutamos do fútbol sala en pequenas doses pero con moitas cousas máis que fútbol sala e pasámolo moi ben”. O FSF Quiroga vírase obrigado a deixar as competicións por falta de xente.

Nesta competición participarán xogadoras de primeiro nivel, “todos os anos anos tivemos a sorte de ter xogadoras de primeira división, ademais dun alto nivel”, como Vane Sotelo, pichichi da…

View original post 87 palabras máis

As piscinas de Quiroga ampliarán o seu horario a partir da vindeira semana

Diario de Quiroga

As Piscinas Municipais de Quiroga estarán abertas todos os días da semana de 12:00h a 20:00h, un horario que ampliarán a partir da vindeira semana ata as 20:30h.

Isto débese a que os responsables municipais encargados da xestión destas instalacións contrataron a un segundo socorrista para poder facer as quendas de descanso e así poder ofrecer un mellor servizo.

O traballo de soccorrista está moi solicitado nestes meses de verán e en moitos lugares é complicados contratar os servizos dun. Nos lugares con praia cada ano é máis complicado cubrir as prazas necesarias e en moitos casos os procesos de selección prolónganse ata agosto. Escasea o número de titulados e outro dos problemas é que moitos dos que si teñen esa cualificación viven en zonas afastadas e, en caso de ser contratados, os gastos de transporte ou aloxamento non lles compensan.

View original post