EDM Quiroga

Ata catro citas deportivas no marco das Festas de Verán de Quiroga

Diario de Quiroga

Entre o mércores 8 e o domingo 12 de agosto celébranse en Quiroga as Festas de Verán. Ademais da música, gastronomía, espectáculos e animación de rúa tampouco faltará o apartado deportivo. Haberá ata catro citas deportivas.

TORNEO FESTAS DE VERÁN. Volve o tradicional torneo de fútbol sala das Festas de Verán de Quiroga, xogarase dende o luns 6 ao xoves 9 de agosto. As inscricións pódense realizar ata o sábado 4 de agosto e teñen un custo de 20 euros, haberá premios para os catro primeiros clasificados e cea no bar Chapakuña 3 para o campión. Teléfono: 620 75 22 01.

STREET SOCCER. O venres 10 de agosto celebrarase unha nova edición do Torneo Street Soccer 4×4. As inscricións realizaranse dende as 19:00h do venres día 10 no Parque da Constitución. Este torneo contará con tres categorías: benxamín (sub 10), infantíl (sub 14) e senior (maiores de 15 anos).

TORNEO…

View original post 116 palabras máis

Advertisements

Fútbol e voleibol nos campus de verán do Concello de Quiroga

Diario de Quiroga

A Área de Deportes do Concello de Quiroga organiza para este verán dous campus. Ao de fútbol, súmaselle este ano o de voleibol.

Do luns 9 ao venres 13 de xullo terá lugar o XII Campus de Fútbol Concello de Quiroga. Unha actividade xa consolidada no calendario de actividades de verán dos mozos e mozas de Quiroga. O campus comezará todas as mañás ás 10:00h no Campo de Fútbol San Martiño para pasar ás Piscinas Municipais de Quiroga, onde se rematará cada día en torno ás 13:30h. O prezo é de 20€ para xogadores e xogadoras das EDM Quiroga e de 30€ para o resto e inclúe equipación.

A novidade deste verán é o Campus de Verán de Voleibol Concello de Quiroga, que se celebrará durante 5 días, entre o luns 16 e o venres 20 de xullo. Neste caso, a primeira parte comezará todas as mañás ás 10:00h no…

View original post 91 palabras máis

O Deporte Quirogués celebra a súa festa anual este venres

Diario de Quiroga

Este venres tera lugar a sétima Gala do Deporte Quirogués.

O programa deste ano varía con respecto a pasadas edición xa que desta volta os actos estarán divididos en varios días.

O martes 19 de xullo e co obxectivo de achegar o voleibol ás nenas e nenos da Comarca de Quiroga, o CV Ribeira Sacra organizará unha xornada de portas abertas no Pavillón Municipal de Quiroga. A actividade está a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 15 e prolongarase durante dúas horas, entre as 19:00h e as 21:00h.

O xoves 21 de xullo será a clausura das EDM Quiroga de fútbol sala. Dende as 18:00 haberá partidos no pavillón municipal e ás 20:00h terá lugar o popular partido de pais e nais contra fillos.

O venres 22 de xuño celebrarase a Gala do Deporte Quirogués no Auditorio Municipal. E ás 21:15 terá lugar a Cea do Deporte…

View original post 25 palabras máis

O pavillón de Quiroga será escenario das finais provincias de fútbol sala

Este sábado día 26, o pavillón municipal de Quiroga será escenario da fase final das provincias de fútbol sala en categorías benxamín e alevín.

Pola mañá xogaranse as semifinais. Ás 10:00 inaugurará a xornada o encontro entre os alevíns das EDM Quiroga e o Lumieira de Lugo.

  • 10h EDM Quiroga – Lumieira Lugo (alevín)
  • 11h Ribeira FS – Guitiriz (alevín)
  • 12h Santiago de Foz – Lugo Sala (benxamín)
  • 13h CP Casás – Lourenzá (benxamín)

Pola tarde xogaranse as finais e os terceiros e cuartos postos.

  • 16h 3° e 4° posto alevín
  • 17h 3° e 4° posto benxamín
  • 18h final alevín
  • 19h final benxamín
DEPORTE QUIROGUES

Equipo alevín. Foto: Facebook Deporte Quirogués

Os alevíns das EDM Quiroga proclamáronse campións de liga

O equipo alevín das EDM Quiroga de fútbol sala fíxose onte (venres 4/5/18) co título da Liga Zona Val de lemos 2017-2018 tras gañar por 2-4 ao Ferroviario, un equipo que non perdera ningún partido en toda a tempada.

A consecución deste título non foi nada doada xa que o Ferroviario fixo un gran partido. Ao remate do primeiro tempo, as EDM Quiroga gañaban 0-2 pero o Ferroviario saíu moi forte na segunda metade e colocou o 2-2 en pouco tempo. Os minutos avanzaban e as EDM Quiroga fixeron dous goles máis, os que poñían o 2-4 no marcador e permitían a vitoria no que foi un emocionante partido.

Así o celebraron ao rematar o encontro:

A vitoria nesta liga dalle aos alevíns o dereito a participar na provincial. Terán que xogar un partido de cuartos de final e se conseguen a vitoria xogarían a semifinal en Quiroga.

As EDM Quiroga de fútbol sala venceron nos seus partidos deste venres.

Boa xornada este venres día 20 para as EDM Quiroga de fútbol sala. Gañaron os seus dous partidos ante a Gándara Monforte. Os benxamíns impuxéronse por 4 tantos a 1 con goles de Víctor (x2), Manuel Antonio e Alejandro. Por outra banda, os alevíns gañaron cun avultado resultado e con goles de Jesús Del Pont, Xoel, Brais, Sergio, Manuel e Hugo.

This slideshow requires JavaScript.