CM Formigueiros

O Club de Montaña Formigueiros renovará directiva no seu cuarto aniversario.

O vindeiro sábado 16 de decembro terá lugar a Asemblea Xeral Anual do Club de Montaña Formigueiros.

Este ano o club cumple catro anos dende a súa fundación, e toca renovar a Xunta Directiva. Aqueles interesados/as en colaborar co club formando parte da Xunta Directiva poden poñerse en contacto a través dun formulario na súa páxina web.

Lotería de nadal.

Ademais xa está á venda a lotería de nadal para colaborar co CM Formigueiros. Pódese mercar nos seguintes establecementos de Quiroga: Loterías Ana, Bar Las Palmeras e Super Covirán; e en San Clodio: Bar Central, Librería Chus e Super Miguel.

Advertisements

II Ruta solidaria do CM Formigueiros

O pasado 19 de novembro tivo lugar a segunda ruta solidaria organizada polo CM Formigueiros, desta volta en colaboración coa asociación SOMOS unidos por el cáncer. A ruta deu comezo na aldea de Vilamor ás 10:30. Reuníronse arredor dunhas 80 persoas.

Os participantes comezaron o paseo descendendo de Vilamor ao Río Lor, cruzaron o río pola ponte e chegaron á aldea de Vilar, unha das mellores conservadas do Courel onde se fixo unha parada para visitar a colección etnográfica de Xan de Vilar, continuouse a ruta subindo ao Castro de Vilar, lugar de gran valor xeolóxico. Chegados ao Castro volveuse baixar ó río para cruzalo e chegar a fermosa e renovada aldea de Froxán. Para volver a Vilamor, empregáronse antigos camiños pola Serra do Courel, disfrutando das increíbles vistas que ofrece o lugar.

Na volta a Vilamor os participantes desprazáronse ata o Bar Costa, na aldea de Valdomir, onde disfrutaron dunha comida.

This slideshow requires JavaScript.

O CM Formigueiros organizará a 2ª ruta solidaria

O vindeiro 19 de novembro o Club de Montaña Formigueiros convida aos seus socios/as e público en xeral a realizar a segunda ruta do club cun fin solidario: colaborar coa asociación sen ánimo de lucro SOMOS Unidos por el cáncer. Unha asociación centrada en dar apoio ás persoas con cáncer e os seus familiares. SOMOS dispón dun piso para aqueles desprazados por mor dos tratamentos: un espazo gratuíto onde descansar, cociñar, lavar a roupa e pernoctar.

A idea da ruta, de 11km, é que poida ser apta para todo o mundo, acostumado a camiñar, e que poda ser feita por nenos, cada un deles acompañado por un adulto que en todo momento se faga responsable.

A ruta solidaria SOMOS trátase dunha das rutas máis clásicas da Serra do Caurel. Parte de Vilamor, descende ao río Lor e volve a subir cara a Vilar do Caurel; dende esta aldea, na que se fará unha parada para visitar a colección etnográfica de Xan de Vilar, a camiñata continuará cara ao castro de Vilar, un enclave de grande esplendor. Dende o castro volverase a baixar ao río Lor para cruzalo e subir lixeiramente ata Froxán, aldea BIC con numerosos encantos. A volta cara a Vilamor realizarase usando pistas e camiños vellos que permitan seguir disfrutando das paisaxes espectaculares do outono na Serra do Caurel.

A actividade terá un custo de 4 euros que incluirán un pequeno agasallo por parte da asociación para os participantes e a doazón para a mesma. Este diñeiro recollerase o propio día da ruta. As inscricións pódense realizar na Casa da Cultura de Quiroga ou na web do Club Formigueiros

2ªRutaSolidariaSOMOS.png

 

Material necesario:

  • Roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas.
  • Mochila pequena con bebida e comida.
  • Bastóns para camiñar (opcional)
  • En función da meteoroloxía prevista: protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Ademais recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.