Camiño de Santiago

Os peregrinos quirogueses completaron a segunda etapa do camiño

Coa chuvia como acompañante, os preto de 40 peregrinos e peregrinas das asociacións de Quiroga tomaron esta mañá a saída da segunda etapa do Camiño a Santiago en Triacastela. Facíano tras o parón de Semana Santa; a primeira etapa tivera lugar o domingo 18 de marzo tal e como contabamos aquí.

Chegaron cedo e, pasadas as 9 da mañá, tras unha foto de grupo na igrexa de Triacastela saían cara a vila de Sarria. Escollían o camiño de San Xil, máis curto có que transcorre por Samos. Pasaron por Fonte dos Lameiros, San Xil, Alto do Riocabo, Montán, Furela, Pintín, Aguiada, San Mamede do Camiño e finalmente chegaron a Sarria.

camiño-santiago-etapa2 (2)

(máis…)

Uns corenta quirogueses e quiroguesas desafían a climatoloxía na primeira etapa do camiño. (GALERÍA)

Coa neve como telón de fondo, uns corenta quirogueses e quiroguesas tomaron esta mañá a saída da primeira etapa do camiño de Santiago, que unía o Cebreiro con Triacastela nun traxecto de arredor de 20 km. A actividade xuntou a socios da Asociación Cultural San Bartolomé de Hospital e da Asociación Socio Cultural da Comarca de Quiroga, ademais de público xeral.

Os participantes comezaron a marcha no Cebreiro, alí recolleron a credencial e seguiron por estrada xa que a neve lles impedía seguir o percorrido do camiño. Uns kilómetros despois de sair de Fonfría, o lugar escollido por moitos para o xantar, os participantes tomaron de novo o percorrido do camiño a medida que a neve iba perdendo presenza e comezaron un longo descenso cara a Triacastela, onde selaron por última vez e colleron de novo o bus para emprender o camiño de volta.

IMG-20180318-WA0080.jpg

Esta etapa fora aprazada o pasado domingo por mor do paso do temporal Félix polo país.
O vindeiro domingo 8 de abril agárdalles unha etapa doutros 20 km entre as localidades de Triacastela e Sarria.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Asociacións de Quiroga organizan unha peregrinación a Compostela por etapas.

A Asociación Cultural San Bartolomé de Hospital, en colaboración coa Asociación Socio Cultural da Comarca de Quiroga, ofrece a todos os socios e non socios que estean interesados a oportunidade de realizar o camiño francés por etapas, iniciándoo en O Cebreiro, e dividindo o traxecto ata Santiago de Compostela en sete etapas, da seguinte maneira:

  • 1ª etapa: O Cebreiro – Triacastela 20km (domingo 18 de marzo)
  • 2ª etapa: Triacastela – Sarria 19km (domingo 8 de abril)
  • 3ª etapa: Sarria – Portomarín 22km (domingo 15 de abril)
  • 4ª etapa: Portomarín – Palas de Rei 25km (domingo 22 de abril)
  • 5º etapa: Palas de Rei – Arzua 28km (domingo ?13 de maio?)
  • 6ª etapa: Arzua – O Pedrouzo 19km (domingo ?3 de xuño?)
  • 7ª etapa: O Pedrouzo – Santiago de Compostela 19km (domingo ?10 de xuño?)

ACTUALIZACIÓN: A data das etapas sufriron modificacións ao ser adiada a primeira etapa por mor da climatoloxía.

O viaxe ata o lugar de saída e retorno a Quiroga desde o lugar de chegada en cada etapa realizarase en autobús que partirá desde a Plaza de España de Quiroga á hora convida, (dependendo da distancia ao lugar de inicio da etapa e da previsible duración da mesma; a organización informará con tempo aos inscritos). O autocar acompañará aos peregrinos durante o traxecto por se alguén se sinte cansado ou indisposto.

camino stg

Getty Images

O prezo total da actividade será duns 65 euros, e abonaranse no momento da inscrición na súa totalidade.

Os interesados poden anotarse no Mesón Ferreiriño, ou ben poñerse en contacto con Fernando (tfno 696450954) ou Maribel (tfno 665147233). A data límite é o venres día 2 de marzo.