A información do deporte quirogués continúa en DIARIO DE QUIROGA

Dende agora podes seguir todas as novas do deporte quirogués no Diario de Quiroga, ao que podes acceder dende aquí. Tamén estamos nas redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.

O Campionato Galego cadete femenino de voleibol en directo

Diario de Quiroga

Diario de Quiroga, a través do seu portal de información deportiva Quiroga Xoga, retransmite mañá en directo os encontros do Campionato Galego cadete femenino de voleibol, que se celebra este ano no pavillón municipal de Quiroga.

A partir das 10:00h poderase seguir a primeira semifinal, entre o CV Ribeira Sacra da quiroguesa Carolina Camino e o CV Zalaeta da Coruña, e a partir das 12:00h a segunda, entre o CV Calasancias Coruña e o Emevé lugués.

Pola tarde retomarase a retransmisión para ofrecer o terceiro e cuarto posto (17h) e a gran final, dende as 19:00h.

O streaming estará activo a través da plataforma YouTube. As semifinais poderanse ver aquí e o 3º e 4º posto e a final premendo aquí.

View original post

Quilos de solidariedade en Quiroga

Diario de Quiroga

Quiroga acolleu na tarde do luns 31 de decembro a quinta edición da carreira e andaina solidaria San Silvestre.

Esta actividade, que xuntaba deporte e solidariede, foi todo un éxito e congregou a uns 150 participantes dispostos e dispostas a despedir o ano do mellor xeito.

A espectacular saída tivo lugar ás 5 da tarde. Este ano, como novidade, dende a organización regalaron Polvos Holi aos participantes.

20181231_175756.jpg

Para a inscrición, cada participante debía levar 2 quilos de alimentos. Nalgúns casos os participantes aportaron unha cantidade superior á esixida.

Ademais da parte deportiva e a solidaria, tamén tivo o seu espazo a diversión. Moitas persoas foron á San Silvestre disfrazadas. A organización premiou o mellor disfraz cunha cesta de Nadal.

View original post

As 3 divertidas inocentadas do Quiroga FC

Diario de Quiroga

Onte, 28 de decembro, foi o Día dos Inocentes, xornada que aproveitaron dende o Quiroga FC para gastar algunhas bromas aos seus seguidores en redes sociais.

Na primeira delas, o Quiroga FC anunciaba a rescisión do contrato do seu actual adestrador, buscando “cambiar a dinámica na que de atopa o primeiro equipo”.

Horas máis tarde, un importante grupo inversor facíase co club. A inocentada anunciaba que Juan López chegaría á presidencia do club para “sanear as arcas do club e lograr o ascenso de categoría”.

View original post 209 palabras máis

O mellor xeito de despedir o 2018 en Quiroga

Diario de Quiroga

Deporte e solidariedade danse a man este luns día 31 na quinta Carreira e Andaina Solidaria San Silvestre que organiza a Área de Deportes do Concello de Quiroga.

A saída terá lugar ás 5 da tarde, dende a Casa do Concello. O percorrido, apto para todas as idades, consistirá nunha volta polo paseo fluvial.

Os 120 primeiros participantes recibirán como obsequio unha bolsa de cotillón, e unha bolsa de Polvos Holi para a saída. Sortearanse cinco cestas de Nadal entre os participantes e outra cesta será para a persoa que leve o mellor disfraz.

As inscricións pódense realizar na Casa da Cultura de Quiroga ou media hora antes da saída diante do concello, son gratuítas coa aportación de 2 quilos de alimentos non perecedoiros.

View original post

Nova xuntanza da Federación Galega de Voleibol en Quiroga

Diario de Quiroga

O pavillón municipal de Quiroga acolle este xoves festivo a segunda Xornada de Supervisión e Control da Federación Galega de Voleibol.

Neste caso participan rapazas de categoría cadete (de 9:30h a 17:30h) e infantil (de 11:45h a 18:45h).

Esta é a segunda das catro xornadas de Supervisión e Control dun día de duración que se celebrarán en Quiroga, segundo o convenio asinado entre a Concellería de Deportes do Concello e a Federación Galega de Voleibol. Un acordo que estará vixente durante as tempadas 2018-2019 e 2019-2020. A primeira xornada tivo lugar o 1 de novembro e participaron unhas sesenta rapazas, 45 de categoría infantil e 15 cadetes.

O convenio tamén recolle a celebración en Quiroga doutras dúas concentracións, de dous días cada unha e con todas as seleccións autonómicas de voleibol (infantil e cadete).

IMAXES DO ADESTRAMENTO AQUÍ

View original post

A Televisión de Galicia faise eco da visita das vacas ao campo do Quiroga FC

Diario de Quiroga

A visitas das vacas ao Campo San Martiño chamou a atención ao programa Fun polo aire, da Televisión Galicia. Esta tarde, unha reporteira e mais un cámara deste espazo da canle pública galega desprazáronse ata o campo quirogués.

O presidente do Quiroga FC, Raúl Carballedo, contou que a semana pasada, cando chegou ao campo, atopouse cos animais pacendo no terreo de xogo. As vacas, que están nun prado adxacente ao campo, aproveitan unha zona sen valado e soben ao verde do San Martiño a pacer.

Ademais da visita das vacas, tamén se fixo referencia ao ofrecemento do club para que se xogue a final da Copa Libertadores en Quiroga, o palco vip, ou o videomarcador do San Martiño.

O vídeo completo pódese ver aquí.

View original post